Sunday 05 de May de 2024

A Xunta destina 33.000 euros á Asociación Acropos para a atención e apoio ás presoas xordas


O Goberno galego concede esta axuda a través da orde con cargo ao 0,7% do IRPF e está destinada a programas de rehabilitación logopédica e atención a familias

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou as instalacións da Asociación de Colaboración e Promoción das Persoas Xordas (ACOPROS). O Goberno galego destina 33.000 euros a esta entidade para a realización do programa Rilo, de rehabilitación logopédica, e do servizo de atención e apoio a familias.

A Xunta concede esta contía a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). O director xeral puxo en valor o labor desta entidade para garantir unha mellor calidade de vida das persoas xordas e para promover que teñan unha vida autónoma e en inclusión.

Así mesmo, González Abeijón reiterou o compromiso do Goberno galego coas entidades sociais de Galicia e coa atención á discapacidade. Neste sentido, apuntou que os orzamentos da Xunta para este ano 2023 destinan a esta materia máis de 165 millóns de euros, o que supón un 16% máis que o ano pasado.